EXPRESIÓN E MOVEMENTO CREATIVO EN FAMILIA CON CRIANZAS
"Construír un espazo entre todas no que compartir e gozar, divertirse e medrar en familia, reforzando os vínculos afectivos e a comunicación, fomentando a seguridade individual e familiar.
Expresarnos e conectarnos a través do movemento, a respiración e relaxación, a música, o ritmo, o xogo..., apoiándonos na linguaxe corporal e a emoción, en variados materiais e diversas técnicas e dinámicas individuais, familiares e interfamiliares; promovendo a integración psico-física, utilizando a comunicación non verbal coma unha ferramenta para relacionarnos dende un novo punto de vista e explorar novas maneiras de comprendernos e coñecernos. Estimularemos a nosa creatividade e imaxinación, a consciencia e control corporal; improvisando, colaborando e respectándonos, escoitando e propoñendo."
Prazas limitadas. Inscrición ata o día 15/02 (para Febreiro).